
dav
Nesta ocasión chega a Alfoz “Asubíos”, unha peza teatral dirixida a todos os públicos a partir de 3 anos e inspirada no universo literario do escritor mozambicano Mia Couto e no conto popular “O flautista de Hamelín” recollido polos irmáns Grimm. No espectáculo que a compañía Elefante Elegante crea para a Rede de Dinamización Lingüística, a temática xira arredor do medio natural e de como vivir en harmonía con el. Trátase dun alegato para unha vida respectuosa do ser humano coa terra que o acolle.
O programa FalaRedes ofrece actividades en galego para o tempo de lecer coa finalidade de ampliar a oferta de ocio no noso idioma, reforzar a oferta de actividades en galego dos concellos da Rede, promover o uso e valoración positiva da lingua propia de Galicia e apoiar os artistas que desenvolvan o seu traballo neste idioma.
Ase mesmo, seguindo co programa de Teatro de Outono, o sábado 3 de novembro ás 19:00 horas no Centro Sociocultural, terá lugar a representación da obra “Tren a Nápoles” da man do grupo teatral Unidade do Zono, dentro do circuíto de teatro afeccionado Buxiganga.