Site icon Crónica3.com A Mariña

Técnicas de supervivencia para o alumnado do Martínez Otero

Foz 27-11-18. Dentro da programación da materia de Educación Física de secundaria, e relacionado coa cadena de supervivencia, estase a desenvolver no Colexio Martínez Otero de Foz, durante dúas semanas, unha actividade que consideramos vital, como é a de formar ao alumnado nas técnicas básicas de supervivencia.

Grazas a Carmen Pernas, médica especialista en familia e formadora, os pícaros de secundaria puideron coñecer, máis polo miúdo, como actuar en casos de perda de coñecemento, atragoamentos ou as maniobras relacionadas coa RCP. A formación combinou sesións teóricas e prácticas. Nestas últimas, Carmen estivo acompañada tamén por persoal sanitario (Alberto Castillo e Noelia Ferreira) que colaborou na explicación.

As sesións prácticas baseáronse en catro estacións, polas que o alumnado debía ir rotando, onde se executaba o aprendido nas clases teóricas: ventilacións, masaxes, posicións laterais de seguridade, uso do DEA etc.

Asemade, desde o Colexio Martínez Otero, queremos agradecerlle tamén ao Colexio Oficial de Médicos de Lugo que nos facilitase todo o material necesario para a realización desta actividade, que consideramos tan útil e necesaria.

Exit mobile version