En concreto, a responsable da compañía de telefonía informou á rexedora dos investimentos que teñen previsto facer en Mondoñedo para mellorar a calidade do servizo. Así mesmo, Marta Menéndez confirmou que estas actuacións se acometerán de xeito inmediato.
Resposta aos veciños de Estelo e Tronceda
A maiores, a rexedora tamén puido saber que todos os expedientes de reclamación cursados polos veciños e veciñas de Estelo e Tronceda foron contestados tras ter cursada a reclamación. Cando se produciu a situación de corte no servizo, a finais do pasado mes de outubro, a rexedora esixira a súa restitución, así como a reclamación de danos e prexuízos para as persoas afectadas.