Antes da medianía da primeira parte Dany, contra o pau, e Cilene, dun disparo raso a balón parado, dispuxeron das mellores ocasións. No 10, Jenny evitou que as madrileñas tomasen vantaxe no luminoso, cunha falta ao bordo do área, de Chuli. Ante unha atenta Sandra baixo paus, no 13 Dany volveu poñer o toque de perigo nunha recuperación de Peque que rematou a 3 laranxa. E por fin, no 16, o tándem Peque-Dany subiu o 1-0, cun pase da 7 mariñá ao segundo pau.
No reinicio, continuou o dominio e posesión locais ante a expectativa do Leganés. No 23, Cristina rozou o pau, e no 25 Luci intentou sorprender a Sandra desde media pista cun balón alto. Dany, no 28, a punto estivo de subir o segundo, entrando na portería. Superado o ecuador do segundo acto, no 31, tocoulle a Jenny cun potente disparo despexado pola meta madrileña. Con máis de dous minutos por diante, o Leganés apostou por xogo de cinco, na primeira tentativa Dany cazouna e subiu o 2-0 a porta baleira. Dispuxo Stone dunha boa chegada despois co obstáculo infranqueable de Jozi. A falta de 47 segundos Jenny volveu ter nos seus zapatillas unha sen porteira, que se foi desviada.
Ficha técnica
Pescadso Rubén Burela FS: Jozi, Cristina, Peque, Jenny, Alves, cinco inicial; tamén xogaron Cilene, Dany, Luci, Lara Balseiro
Leganés Masdeporte: Sandra, Chuli, Patry Montilla, Stone, Elena Aragón, cinco inicial tamén xogaron Laura Uña, Ampi, Mali, Bea Torija, Puche
Goles: 1-0, minuto 16, Dany; 2-0, minuto 39, Dany
Árbitros: Vilas López // Cardero Rodríguez (Galicia). Por Leganés amarela a Elena Aragón (minuto 20)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 6 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en Vista Alegre ante unhas 500 persoas.