O Valadouro 6-11-18. A próxima fin de semana o Pavillón Municipal de Ferreira do Valadouro acollerá o Trofeo Federación, esta cita é a primeira do calendario inaugurando o Ránking Autonómico Unificado para a tempada de sala 2018-2019. Un total de 179 arqueiras e arqueiros chegados dende as catro Provincias galegas tirarán un total de 60 frechas por participante. Repartidos en distintas modalidades o sábado a partir das tres e media da tarde os primeiros en pisar a pista serán os aruqueiros Tradicionais con Arco Espido, Tiro Instintivo e Long Bow. O domingo pola mañá a partir das nove e media chega a categoría raíña cos aruqueiros maiores de catorce anos con Arco Recurvo (Modalidade Olímpica) e Arco Composto (Poleas), xa de tarde e para concluír a competición será a quenda dos menores de catorce anos. Durante toda a fin de semana, actuais campións de España participan no Trofeo Federación como o Pontes Miguel Alvariño na absoluta de Arco Recurvo Home, Óscar Casal na absoluta de Long Bow Home ou Melania Sanjorge na absoluta de Low Bow Muller.
A Federación Galega de Tiro con Arco e o Club Castelarco do Valadouro son os encargados da Organización do evento unha cita que se repite por segunda vez no Valadouro e que reúne medio cento de participantes máis que a edición anterior. O club segue o seu empeño por traer competicións oficiais de Tiro con Arco á comarca para abrila a un deporte no que os galegos están a conseguir boas marcas a nivel nacional. A representación mariñá está asegurada tanto por parte do Club IADOVI de Cervo e o Club Local. Un total de sete arqueiros tentarán que algún dos trofeos quede na comarca. Pechando as competicións, a Federación Galega de Tiro con Arco celebrará a cerimonia de entrega de diplomas aos actuais campións galegos do ano 2018