Site icon Crónica3.com A Mariña

Un doente denuncia que a xerencia integrada “despachouno cunha carta con moi boas palabras pero deixándoo abandonado á súa sorte”

A Mariña 12-11-18. Tras un accidente no ano 2014 o paciente comeza cunha imposibilidade parcial para ouriñar que lle obriga a ir ao baño cada pouco tempo pois non é capaz de facer un vaciado completo da vexiga , coas conseguintes molestias e incapacidade para facer unha vida normal.
O doente é seguido polo servizo de Uroloxía desde 2016 e en marzo de 2018 solicítaselle un estudo urodinámico, a realizar como moi tarde en tres meses, para valorar e diagnosticar a súa doenza e porlle un tratamento que solucione o seu problema.
Por iste motivo o paciente acude á Plataforma Sanitaria e , a través da UMAR tramítase a correspondente reclamación , que se rexistra o día 4 de setembro e figura con número de entrada 3144.
Pasado un mes desde que rexistrou a reclamación o doente recibe unha carta da Xerencia da Xestión Integrada, con saída o 2 de outubro e número 28095, na que “ me despachan con moi boas palabras, pero solucións ao meu problema ningunha, máis ben deixanme abandonado á miña sorte”- relata o paciente indignado e ansioso por poñer fin a unha situación sumamente incómoda e que non lle permite facer unha vida medianamente normal.
Desde a Plataforma Sanitaria indican que coñecen numerosos casos de pacientes que son informados de que teñen que seguir agardando indefinidamente para ser atendid@s mediante unha carta similar a esta . “ Desde logo que nos facemos unha idea da gran incompetecia para a xestión que debe existir na Xerencia desde o momento en que precisan dun mes para certificarlle a un paciente que queda na mesma situación na que estaba,eso si, con moi bos desexos”.
Asemade o colectivo sanitario esixe á Xerencia e ao Sergas que se deixen dunha vez por todas de artigos e reportaxes facendo publicidade enganosa do bo estado da sanidade pública e do ben que xestionan e poñan solucións reais aos problemas d@s usuari@s , xa que “volven novamente a incumplir a propia lei de garantías sanitarias á que tanto bombo e pratiño lle deron sen amosar a máis mínima vergoña- conclúen.

Exit mobile version