Para Villares, esta falta de respecto institucional non se corresponde coa actitude amosada neste meses pola subdelegada, “xa que a cordialidade entre ámbalas institucións está a ser a tónica dominante dende que tomou posesión no cargo; por iso extrañounos non ser informados”, precisou.
O alcalde recordou que en decembro de 2015 desde o Concello remitímoslle á Dirección Xeral de Costas, que valoraba a posibilidade de proceder á demolición integral desta edificación “por ocupar espazo natural e por non ser necesario para o dominio público marítmo terrestre”, un escrito no que expresabamos o noso desacordo con este procedemento e avogabamos por actuar tan só na cuberta, tal e como se está a facer agora, “polo gran valor patrimonial desta edificación e pola función protectora que exerce na contorna nos días de temporal marítimo”.
“Por estar ubicada en zona de mar aberto, servindo de parapeto ás vivendas que están lindando coa costa…”; “eliminar a actual cetárea supoñería que nos días de temporal, con grandes ondas, estas impactarían directamente cos peches das vivendas, causando numerosos danos nas infraestruturas existentes”, son algúns dos argumentos que, textualmente, se recollían no escrito.