Site icon Crónica3.com A Mariña

700 establecementos da Mariña participan na campaña Merca e Gaña polo Nadal

Lugo, 10 de decembro de 2018. 700 establecementos da Mariña participan en Merca e Gaña polo Nadal, a campaña de sensibilización e promoción das compras no pequeno comercio, que puxo en marcha a administración provincial a través da Federación de Comercio de Lugo. O Presidente de dito colectivo, José María Seijas López, informou sobre esta iniciativa a veciños de Viveiro, acompañados pola Alcaldesa deste Concello, María Loureiro. As persoas que merquen en ditos establecementos da Mariña ata o 6 de xaneiro participarán no sorteo de 40 premios por valor de 10.000 euros, que poderán reinvestir en novas compras no comercio local.

“O comercio de Viveiro necesítao de xeito especial”
Loureiro García agradeceu esta iniciativa que “potencia as compras nos establecementos do noso Concello, pois este ano tras a riada do pasado mes que afectou de xeito especial ao comercio local, con todas as consecuencias que sofre, pois algún profesional aínda non puido volver a abrir e outros o fan agora, e máis necesario que nunca axudar aos nosos comerciantes. Merquemos nos nosos establecementos porque todos o necesitamos”.

Seijas López subliñou que “o obxectivo fundamental desta campaña é encher de Nadal a provincia de Lugo e crear ese ambiente festivo e alegre propio destas datas fomentando as compras. Ademais con esta iniciativa apostamos por incentivar o uso das novas tecnoloxías, tanto por parte dos consumidores como dos comerciantes, pois temos claro que a dixitalización do comercio é o presente, un paso obrigado”.

Como participar
Merca e Gaña polo Nadal desenvolverase dende xa e ata o 6 de xaneiro. Durante este período, incentívanse as compras no comercio local con material promocional nas rúas dos 67 Concellos ou en redes sociais co hashtag #nadalmercaegaña.

As persoas que merquen en calquera dos establecementos da provincia poderán participar no sorteo de 20 tarxetas regalo de 300 euros e outras 20 de 200 euros.

Para elo, débese fotografar o tícket da compra e rexistrala en www.nadalmercaegana.com ou solicitar o seu rexistro ao comerciante. O sorteo ante notario será o 11 de xaneiro. Máis información en www.nadalmercaegana.com.

Exit mobile version