Site icon Crónica3.com A Mariña

A administración provincail achegou en 2 días 425.000 euros en impulso do sector primario lucense

Lugo 12-12-18. O Presidente, Darío Campos Conde, informou este mércores que en tan só 2 días a administración provincial achegou 425.000 euros en impulso do sector primario lucense, un dos principais piares económicos da provincia.

O titular provincial explicou que “fixémolo colaborando cos 1.400 profesionais de Rubia Galega que temos na provincia, que representan máis do 70% do total de produtores que hai en España, aos que lles financiamos novos programas de recría e mellora xenética. Tamén colaboramos cos 60 gandeiros de Porco Celta, o 45% dos existentes en Galicia, aos que lles custeamos a través de ACRUGA os programas sanitarios que garanten a comercialización destes produtos de primeirísima calidade”.

Ademais, Campos Conde avanzou que se continúan a recibir novillas de leite no centro de recría que puxemos en marcha en Castro de Rei. “A día de hoxe, acollemos xa 500 exemplares de 40 explotacións lucenses. O centro de recría da Deputación está á disposición de todos os gandeiros da provincia. Polo tanto, animo a todos os profesionais do sector lácteo a coñecer estas instalacións, e a facer uso delas, pois son para eles.
Acceso e prezos de recría
Teñen prioridade de acceso os gandeiros da provincia e logo os do resto de Galicia. Os interesados poden facer as súas consultas en info@recriacastro.es, www.deputacionlugo.gal ou directamente no 650-664-776. O Centro de Recría da Deputación de Lugo pode acoller a 3.000 novillas, duplicando a capacidade de recría que existe hoxe en Galicia. O prezo da recría é de 2,39 céntimos ao día. Esta tarifa inclúe todos os custos: transporte, tratamentos de fertilidade, alimentación, control sanitario, revisións veterinarias… a diferenza dos centros privados. Polo tanto, con este prezo búscase aforrar custos aos gandeiros, que ademais non terán que levar a recriar os seus animais a centros fóra da Comunidade galega.

Exit mobile version