Site icon Crónica3.com A Mariña

A adminsitración provinicial e o CB Burela, unidos na aposta polo deporte base na Mariña Lucense

Lugo, 17 de decembro de 2018. A adminsitración provincial e o Club de Baloncesto Burela renovaron a súa colaboración para promover o deporte base na Mariña Lucense. Así o avanzou o Presidente, Darío Campos Conde, logo de asinar un novo convenio entre o organismo provincial e a entidade mariñá por valor de 6.000 euros. Estes fondos contribuirán a sufragar os gastos derivados da tempada do club mariñán, como transportes, equipamento ou seguros federativos. O acto tivo lugar este luns no Pazo de San Marcos e tamén participaron o Alcalde de Burela, Alfredro Llano García, e o Presidente do club, Rogelio Cayón García.

Campos Conde lembrou “a firme convicción do Goberno da Deputación sobre a importancia de investir no crecemento do deporte base da provincia, permitindo que os máis cativos gocen das mesmas oportunidades para a práctica deportiva independentemente do lugar no que vivan”.

Os 6.000 euros cos que o Executivo Provincial colabora co CB Burela beneficiarán directamente aos preto de 130 rapaces, de entre 4 e 18 anos, que forman parte do club. Esta colaboración permitirá axudar a sufragar os gastos da tempada das diferentes categorías coas que conta o CB Burela (babybasket, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e júnior).

Llano García puxo en valor “o excelente traballo que desenvolve o Club de Baloncesto Burela para o espallamento do deporte entre os máis novos da Mariña, axudando a mellorar a xa de por si excelente saúde coa que conta o deporte na nosa comarca”.

Pola súa parte, Cayón García, agradeceu “a colaboración do organismo provincial, pois resulta fundamental para que os rapaces e rapazas do club poidan aprender e desfrutar do seu deporte favorito, formándose, ao mesmo tempo, en valores tan importantes como o compañeirismo, o respecto, ou a superación persoal”.

Exit mobile version