Site icon Crónica3.com A Mariña

A Agrupación Cultural Francisco Lanza edita un almanaque, en galego, para o 2019

Ribadeo 10-12-18. A Agrupación Cultural Francisco Lanza edita un almanaque, en galego, para o 2019. A imaxe que aparece para este ano é a dunha paisaxe dun campo cun único piñeiro que resiste o embate do vento do mar, e é unha fotografía de Chus da Morteira. Leva tamén un verso de Uxío Novoneira que fai alusión á resistencia da lingua e cultura galegas: e inda é nova a Terra!

As persoas interesadas poden recollelo na oficina de Cultura do Concello, na rúa El Viejo Pancho.

Por outro lado, informamos tamén do adiamento da viaxe a Santiago de Compostela para ver o Pórtico da Gloria e os tellados da Catedral, así como o cadro de Castelao A derradeira leición do mestre, pois infórmannos desde a Catedral de que o Pórtico e os tellados non están abertos en decembro. Tentaremos organizar esta actividade para febreiro do próximo ano.

Exit mobile version