Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o edil de Educación, Alberto García, entregaron esta tarde os premios aos gañadores da terceira edición do concurso fotográfico ‘O meu recuncho de Mondoñedo”.

A fotografía gañadora é de Andrea Gacio mentres que o segundo e o terceiro premio foron para José Antonio Pasarón e Marcos Candia, respectivamente. Ademais, de entre o total de fotografías recibidas, tamén se seleccionaron 13 instantáneas coas que dende o Concello elaboraron o calendario para o vindeiro ano 2019. As fotografías estarán expostas na oficina de turismo durante todo o Nadal.

Exit mobile version