Site icon Crónica3.com A Mariña

A Banda de Foz cumpre 25 anos cunha canteira renovada

A Banda de Música de Foz acaba de celebrar o 25 aniversario da súa fundación e presume de ter unha canteira de músicos novos que saen ano tras ano da Escola Municipal “Arcadio Mon”. A Banda conta cun grupo de nenos e nenas de entre 9 en 15 anos que tocan a percusión, o clarinete, o saxofón e o trombón. O director da Banda, José Luis Fernández, e o director da Escola, Felipe Sánchez, están moi satisfeitos co traballo destes intérpretes e agardan que a Banda siga medrando con novas incorporacións que están xa preparándose no grupo de Prebanda infantil da Escola da man de Adrián Real.

Exit mobile version