Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG denuncia que o HULA está recibindo doentes derivados da Mariña por decisión unilateral da Xerencia da EOXI en Lugo

Lugo 12-11-18. Planificacións sen sentido fan que o H. da Costa, recén ampliado, vai pasar entorno a 8 meses con menos camas das que tiña antes da citada ampliación, cando a súa ocupación é plena todo o ano, cuestión esta que afecta directamente ao H. de Lugo.
De xeito habitual o Hula ou está con demasiadas camas pechadas durante unha parte importante do ano, ou ben a plena ocupación aínda coas camas abertas. Os/as doentes atópanse mesturados, fóra das unidades que lles corresponderían o que supón dificultades para eles mesmos e tamén para o persoal.
As Urxencias soportan todo o ano pacientes ingresados tanto en observación como nos box de atención urxente, causando disconfort tanto para doentes como grandes dificultades para que os/as profesionais leven adiante o seu traballo.
Debido a todo isto, non nos parece de recibo que en pleno inverno o HULA deba soportar a carga asistencial que lle correspondería ao H. da Costa, cando todos/as sabemos que tarde ou cedo as patoloxía propias desta época van motivar que se desborden as capacidades do noso hospital.
Debemos ademais queixarnos enerxicamente de que se implante a escondidas un protocolo de derivación de doentes, coma se non se fora utilizar, cando pecharon as unidades a fin de semana pasada e que teñamos coñecemento xa derivaron 3 doentes.
Coma sempre as decisións que se toman fanse ás escuras e con criterios de recorte, sen ter en conta os trastornos causados aos/ás doentes desprazándoos a máis de 100 km dos seus domicilios ou a múltiple saturación á que se van ser sometidas tódalas unidades do Hospital de Lugo.

Exit mobile version