Site icon Crónica3.com A Mariña

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de aprobar novas obras de mellora en dez centros educativos da comarca da Mariña, por un importe global de 151.000 euros

Lugo, 13 de decembro de 2018. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de aprobar novas obras de mellora en dez centros educativos da comarca da Mariña, por un importe global de 151.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que algúns dos traballos se executarán durante as vacacións do Nadal, mentres que outros son compatibles co desenvolvemento das clases e realizaranse ao longo dos vindeiros meses. En calquera caso, a totalidade dos proxectos estarán rematados no que resta de curso.

Así, en Viveiro arranxaranse a barandilla e unha pequena zona da cuberta do Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Plurilingüe Santa Rita; no Instituto de Educación Secundaria (IES) María Sarmiento substituirase o falso teito nalgunhas aulas e realizaranse melloras na saída de emerxencia do salón de actos, cambiaranse ventás no IES Vilar Ponte e acometeranse obras de conservación no CEIP Lois Tobío.

Tamén se cambiarán ventás no CEIP Península da Paz de Cervo; no CEIP Álvaro Cunqueiro realizaranse arranxos nos baños, no Pedro Caselles Rollan realizaranse traballos de fontanería na cociña, no de San Miguel de Reinante de Barreiros cambiarase o depósito de gasoil e limparase a instalación da calefacción, e no colexio do Vicedo vaise construír unha soleira para o parque infantil.

Polo que respecta aos centros de Secundaria, tamén se arranxarán a cornixa e canlóns no Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga de Ribadeo.

Balseiro subliñou que a Consellería de Educación “programa constantemente obras nos centros para dispoñer dunhas instalacións confortables e seguras, nun marco adecuado para o desenvolvemento dun ensino público de calidade”.

Exit mobile version