Oportunidade para Mondoñedo e tamén para a recuperación deste histórico inmoble.
Eloi Cabanas, portavoz municipal da formación nacionalista en Mondoñedo, considera unha vez aprobada a moción tamén no concello e mentres que non haxa un estudo técnico que descarte a posibilidade de homologar un centro destas características nese edificio público, “o que procede é cumprir os acordos por parte das dúas institucións, que non poden fallarlle aos veciños e veciñas e aos colectivos de Mondoñedo, que foi de onde saíu esta iniciativa que pode reportar moitos beneficios para Mondoñedo ademais de conseguir recuperar este histórico inmoble que leva varios anos de deterioro e abandono”.