Site icon Crónica3.com A Mariña

A Gala de entrega de Premios pon fin ao II Certame Concello de Lourenzá de teatro amador

Lugo, 9 de decembro de 2018. Este domingo celebrouse a Gala de entrega de Premios do II Certame de teatro amador de Lourenzá. Nesta segunda edición participaron 8 compañías de toda a xeografía galega. A Gala tivo lugar as 19:00h nunha carpa climatizada instalada no Campo do Bolo. Durante o acto a compañía profesional Arte Estudio Teatro representou unha adaptación dos Feirantes de Cunqueiro.

Nesta edición, como novidades, incluíuse un premio do Publico, e ademais a dotación do Premio Conde Santo á mellor representación, aumentou a súa contía ata acadar os 750€, os premios restantes galardoan as mellores actuacións principais e secundarias e a mellor posta en escena. As representacións, celebradas durante as fines de semana de novembro, foron un éxito de público.

Todas as agrupacións que representaron as súas obras no salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá e contaron cun financiamento de 300€ en concepto de participación, desprazamentos, montaxe e outros gastos derivados.

Exit mobile version