Site icon Crónica3.com A Mariña

A galería ribadense Terra Branca acolleu o pasado venres a presentación da Axenda Feminista 2019 do Observatorio da Mariña pola Igualdade, que está dedicada ás artistas visuais galegas. Ducias de persoas se achegaron para seguir de preto este acto

Nese calendario cada mes a protagonista é unha muller e unha imaxe súa, ademais aparece unha pequena entrevista sobre o seu traballo como artista e unha valoración con perspectiva de xénero.

Exit mobile version