Site icon Crónica3.com A Mariña

A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo, en colaboración con ABSA, organizou este martes 11 de decembro unha xornada sobre “a valorización dos produtos e a nova xestión pesqueira coa obriga de desembarque”

Burela 12-12-18. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo, en colaboración con ABSA, organizou este martes 11 de decembro unha xornada sobre “a valorización dos produtos e a nova xestión pesqueira coa obriga de desembarque”.
O acto, que congregou no salón de actos de Armadores de Burela a uns 40 socios tanto da OPP-07 como de Absa, dividiuse en dous bloques temáticos, sobre normativa-regulación e valorización, respectivamente.
Na primeira parte da jornada Marta García Merchán, da Secretaría Xeral de Pesca da Subdirección Xeral de Caladeiro Nacional, Augas Comunitarias e Acuicultura, falou dos “Plans de xestión e obriga de desembarque”.
A segunda parte da xornada contou con Bruno Iñarra, do Centro Tecnolóxico AZTI, experto en innovación mariña e alimentaria, que falou sobre “Valorización de descartes/subprodutos pesqueiros”; e con Genma Laso Rodríguez, CEO de Inxenia Desarrollos Tecnológicos, que tratou os “Potenciais aproveitamentos de especies comerciais e non comerciais”.
Na xornada tamén participaron representantes da OPP Lugo; Pablo Fernández Asensio, Xefe Territorial da Consellería do Mar da Xunta de Galicia; e Mercedes Rodríguez Moreda, Directora Xeral de Pesca da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
Ao finalizar as ponencias, tódolos asistentes desprazáronse ata o restaurante Casa Miranda, onde tivo lugar unha degustación de produtos pesqueiros con recetas variadas a base de especies descartadas ou de alto potencial comercial, como son o chicharro, a bertorella ou a boga, representativas de diferentes modalidades de pesca da OPP-07.

Recetas degustación:
Bertorella con crocante de sésamo e maionesa de soia
Bertorella rebozada con maionesa de lima
Chicharro encurtido con escuma de escabeche de Ribeiro e verduriñas
Chicharro mariñado en aceite de aceituna negra de Aragón afumado en madeira de carballo
Arroz cremoso con olga wakeme e espardeñas ou pepino de mar
Ceviche de boga con guacamole
Ceviche de boga con mayonesa cítrica

Esta xornada inclúese dentro do Plan de Produción e Comercialización da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo e vai dirixida a tódolos socios tanto da OPP-07 como de Absa, que tamén colaborou na organización desta cita.

Exit mobile version