Site icon Crónica3.com A Mariña

A ‘Ruta dos Castelos’ pecha o programa ‘Rutas de outono’ en Alfoz

Alfoz, 11 de decembro de 2018. O Concello de Alfoz finaliza o programa `Rutas de Outono`, que se celebrou nos meses de outubro, novembro e decembro, este domingo 16 coa ‘Ruta dos Castelos’.
A ruta guiada sairá ás 9:30 horas do Castelo do Castrodouro. A dificultade é alta (haberá servizo de bus), ten unha distancia de 8´9 quilómetros e a duración aproximada é de tres horas.
As persoas interesadas poden obter máis información e realizar as reservas no número de teléfono 657 849 200 e na dirección de correo electrónico ofreixodoslobos@gmail.com. 

Exit mobile version