Site icon Crónica3.com A Mariña

A secretaria xeral para o Deporte destaca o traballo da Federación Galega de espeleoloxía “para descubrir os segredos” da cova mindoniense do Rei Cintolo

Mondoñedo, 12 de decembro de 2018. A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou no día de hoxe na visita a cova do Rei Cintolo, a cova natural máis grande de Galicia e a que conta con maior percorrido horizontal. A responsable da carteira de Deporte destacou a importancia desta gruta para a práctica da espeleoloxía e recoñeceu o traballo da Federación Galega e do Concello para “acadar máxima difusión e resposta entre os visitantes tanto a nivel deportivo como turístico”.

“Como secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia síntome fondamente satisfeita do traballo dos espeleólogos ao longo dos anos para descubrir os segredos desta cova e que a día de hoxe están a traballar para facer unha topografía en tres dimensións, o que posiblemente ampliará o percorrido ata os 11.000 metros”, engadiu.

Como resultado deste traballo, “as visitas á cova increméntanse cada ano, o que demostra que estas experiencias tan completas e diferentes xeran cada día máis interese”. A secretaria xeral apuntou que no que resta do mes de decembro, 50 persoas xa teñen reservada a súa visita.

Segundo comentou a propia secretaria xeral, a visita á cova realízase “grazas ao traballo dos espeleólogos, xente experta e cualificada que combina o seu traballo de investigación coas excursións deportivas á cova e ás visitas turísticas”.

Exit mobile version