Site icon Crónica3.com A Mariña

A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións desprázase ao centro de saúde de Mondoñedo este martes 18 de decembro

A Mariña 13 de Decembro de 2018. A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións desprazarase este martes 18 de decembro até o centro de saúde de Mondoñedo en horario de 11 a 13 horas. A mesa informativa abordará o problema de Pediatría, servizo que comparte profesional cos concellos de Lourenzá e Barreiros, a maiores de calquera outra dúbida ou reclamación que poidera xurdir.
Este problema ven de lonxe, xa que ao feito de que resulta de todo insuficiente o tempo adicado a cada un destes Concellos, queixa que refiren a práctica totalidade de nais e pais das zonas afectadas, súmase a falta de cobertura cando a titular solicita algún permiso ou cando está de baixa, ocasionando demoras inadmisibles nas consultas, necesidade de trasladarse a outras localidades ou ao hospital, colapsando os servizos de urxencias .

A Plataforma Sanitaria ve neglixencia no traslado conxunto das dúas novas plantas de hospitalización.
A Plataforma Sanitaria volve incidir na nefasta xestión que se está a facer desde a xerencia executiva , nesta ocasión con motivo do traslado simultáneo das dúas novas plantas de hospitalización e peche das antigas, pasando de dispoñer de 30 camas en cada planta a contar con vintecatro, seis camas menos por planta, o que fan un total de doce camas menos.
O feito de que este traslado se fixera á vez, en lugar de acometelo pouco a pouco semella “neglixente e temerario, xa que estamos nunha época na que a ocupación ven sendo prácticamente do cen por cen, que pode haber picos de incidencia por mor de procesos prevalentes nestas épocas ou reagudizacións de enfermidades crónicas”- lamentan desde a Plataforma Sanitaria.
Tamen inciden no feito de que de momento , unha soa semana despois da inauguración das novas plantas de hospitalización, foron tres os pacientes trasladados a Lugo por mor da falta de camas.” Non queremos nen imaxinar o que pasará cando comece a despuntar o gripe deste ano, ou cando chegue o frío e se descompensen enfermos crónicos”- manifesta o voceiro do colectivo.

O colectivo sanitario amosa a preocupación polo ataque á pancarta pendurada da fachada do Hospital.
Segundo comentan divers@s integrantes da Plataforma Sanitaria existe unha fonda preocupación polo feito de que, por segunda vez ,a pancarta pendurada da fachada do centro sanitario sufrira un ataque intencionado, e desde o colectivo queren manifestar “ que nos unimos á Xunta de Persoal na denuncia pública destes feitos que son inadmisibles dentro dunha sociedade democrática.”- comenta a coordinadora visiblemente preocupada.

Exit mobile version