Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta colabora co Concello do Vicedo na mellora e pavimentación de seis rúas e estradas deste municipio traballos nos que se investiron 93.000 euros

O Vicedo, 10 de decembro de 2018.- A Xunta de Galicia en colaboración co Concello do Vicedo desenvolveu distintas obras de mellora de seis vías deste municipio que supuxeron un investimento conxunto de 93.000 euros. Os traballos, xa concluídos, desenvolvéronse na vía entre o Vicedo Vello a Porto, nas estradas que dan acceso ao núcelo de Amieiro, á praia de Arealonga, ao núcleo de A Corva, e nas rúas do Porto e Moledos.

As melloras consistiron nunha nova pavimentación destas estradas, mediante a extensión dunha capa de asfalto en quente que substitúe ao pavimento anterior, que na maior parte dos casos era a base de rego asfáltico. Ademais, de xeito complementario, as obras incluíron a limpeza e apertura de cunetas e adecuación dos pozos de rexistro conforme á nova rasante da calzada.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde da localidade, Jesús Martínez, visitaron os espazos nos que se actuou e comprobaron o resultado dunhas obras que ofrecen a veciños e usuarios desta vía unhas estradas moito máis modernas, seguras e confortables para a circulación.

A administración autonómica asumiu o cen por cen do custe destas obras con cargo á orde de mellora de infraestruturas e espazos públicos que convoca a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Exit mobile version