Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta de Persoal do Hospital da Mariña presenta denuncia perante a garda civil polo ataque á pancarta “non á supresión da área sanitaria da Mariña”

Burela 11 de decembro de 2018. A Xunta de Persoal do Hospital da Mariña presentou esta mañá unha denuncia perante a garda civil polos danos intencionados a unha pancarta do máximo órgano de representación das traballadoras e traballadores.

“O martes 4 de decembro a pancarta aparece cortada por diversos puntos e membros da Xunta de Persoal conseguen recompoñela e suxéitana novamente con bridas na varanda do centro hospitalario”, relatan.

“Este martes 11 de decembro a pancarta novamente aparece rachada por un obxecto cortante o que provoca a denuncia pertinente na garda civil por atentado contra a liberdade sindical e para tentar localizar á persoa ou persoas que atentaron contra un lema defendido por traballadores, traballadoras e veciñanza da Mariña dende 2017 contra a supresión da Área Sanitaria da Mariña”.

“A Xunta de Persoal advirte que a represión non calará as súas denuncias na defensa dos dereitos das traballadoras e traballadoras e dunha sanidade pública digna e de proximidade, dende A Mariña e para A Mariña”, conclúen.

Exit mobile version