Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberta a inscrición para o VIII Concurso de karaoke de Xove

Xove 11-12-18. Dentro do Programa de Nadal do Concello deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o concurso de karaoke que celebra a súa VIII edición o sábado, 22 de decembro.
Presenta tres categorías: peques para menores de 12 anos; iunior de 12 anos ou máis e menores de 18 e veteráns para maiores de 18 anos. As bases, ficha de inscrición e a relación de cancións para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura e na Web. A inscrición é totalmente gratuita.
En canto aos premios do Concurso, hai 3 por categoría: dous premios á mellor voz e un á mellor caracterización.

PREMIOS:

Peques.
Premio á “Mellor voz” (2 premios): 60 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 60 euros

Iunior
Premio á “Mellor voz” (2 premios): 90 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 90 euros

Veteranos
Premio á “Mellor voz” (2 premios): 150 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 150 euros

En total son 900 €uros en premios en metálico. O pago dos premios vaise realizar o mesmo día ao remate do Concurso

Exit mobile version