Site icon Crónica3.com A Mariña

Actuacións na ponte de Landrove

Viveiro 11-12-18. En data 22 de outubro de 2018, o Concello de Viveiro remitiu a Augas de Galicia e ao Servizo de Patrimonio Cultural a memoria emitida pola Directora da Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro sobre a ponte de Landrove, solicitando a emisión das autorizacións sectoriais correspondentes para a realización das obras referidas no documento.

Na memoria remitida facíase unha descrición desta ponte e das súas patoloxías, explicando que se pretende abordar unha intervención permita evitar a súa degradación e os posibles danos materiais que suporían o desmoronamento da mesma. A intervención realizarase para evitar o previsible deterioro, considerándose a necesidade de acometer os traballos na maior brevidade posible. A perda de sillares e material de xuntas é moito máis acusada na parte da ponte de augas arriba, a que recibe a forza do caudal, si ben tamén se atopan deteriorados no tajamar augas abaixo, sobre todo pola presenza de vexetación.

As obras que se pretendían executar, segundo a memoria, referida:

– Eliminación da vexetación adherida ás fábricas da ponte, procedente a extraer e queimar as súas raíces, ademais da eliminación da vexetación que oculta o arranque dos arcos.
Así, retiraríanse hedras, herbas, árbores e musgos. A limpeza realizaríase a man e con utensilios que non provoquen erosións.
A limpeza comprende a eliminación das especies vexetais, tanto superiores como inferiores, crecidas sobre a ponte e a retirada dos depósitos tanto de terra como de produtos da degradación da pedra acumulados nas superficies horizontais.

– Reconstrución de tajamar da pila central da ponte coa colocación dos sillares desplazadaso con morteiro de fraguado rápido e sulfuroresistente no tradós dos sillares, utilizando morteiro rápido de cal na cara vista do tajamar.

– Restauración da vexetación de ribera autóctona nos arredores para evitar a presenza de especies invasivas.

No día de onte, este concello recibiu a resolución da directora xeral de Patrimonio Cultural relativa a este asunto, na que se resolve autorizar a limpeza da vexetación da ponte e a recuperación do seu contorno e adiar o informe das actuacións no tajamar e fábricas da ponte en tanto non se realice a limpeza de mesma e se faga un levantamento do estado actual da ponte como para poder estudar e avaliar o alcance das intervencións propostas. Nesta resolución indícase, así mesmo, que se incorporarán planos da proposta de intervención. Esta documentación gráfica e a memoria de actuacións requirirá da autorización da Consellería de Cultura.

Estase á espera de recibir contestación, ao respecto, de Augas de Galicia.

Exit mobile version