Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumn@s do 68 reúnense en Mondoñedo

O pasado 24 de novembro os alumnos da promoción do 68 xuntáronse no Casino de Mondoñedo para celebrar unha xuntanza de confraternización e lembrar vellos tempos, tanto no Colexio como no Instituto. Participaron un total de 54 ex alumnos e alumnas que se achegaron de moitos puntos de Galicia e doutros puntos da xeografía nacional, para xuntarse neste encontro. A xornada serviu para revivir as andanzas do pasado, as anécdotas, os mestres, e sen esquecer os que xa non poden estar nesta fotografía.

Exit mobile version