Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro: “Somos a primeira administración supramunicipal en actuar e a primeira en seguir comprometendo axudas tras as riadas en Viveiro”

Lugo, 14 de decembro de 2018.- O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, salientou e quixo poñer en valor a decisión do Consello da Xunta aprobada no día de onte pola que se declaran de emerxencia as obras necesarias para reparar os danos causados nas estradas e nos ríos polos asolagamentos que afectaron ao municipio de Viveiro.

O delegado lembrou que a Xunta estivo “desde o primeiro minuto” actuando e colaborando en todos os traballos de limpeza, efectuando reparacións e intentando corrixir o risco de novas inundacións. De feito, a administración autonómica dispuxo para desenvolver estes traballos de distinto persoal sobre o terreo: equipos e maquinaria da Axencia Galega de Infraestruturas, dos servizos de Emerxencias e as brigadas de Augas de Galicia.

“Somos a primeira administración supramunicipal en actuar e a primeira en seguir comprometendo máis axudas” destacou Balseiro e para exemplificalo citou o camión cisterna que se está encargado da limpeza con auga a presión da rede de sumidoiros (tanto nas estradas autonómicas como, en colaboración co Concello, en espazos municipais) ou o recente reforzo das brigadas que están actuando sobre os rios, para recuperar as canles e evitar que a maleza arrastrada pola riada provoque futuros tapóns, en previsións de futuras choivas, agora que chega o inverno.

Exit mobile version