Site icon Crónica3.com A Mariña

Campamento Diocesano de Mondoñedo-Ferrol cumple 40 anos

Mondoñedo-Ferrol, 14 de decembro de 2018.- O Colectivo Campamento Diocesano (CCD) de Mondoñedo-Ferrol celebra ao longo deste curso 2018-2019 o 40 Aniversario da súa creación. Para conmemorar esta efeméride, dende a coordinadora do CCD elaborouse un programa de actividades que leva por título “40 anos facendo camiño con Xesús” e que inclúe os seguintes actos:

“40 anos de imaxes con Xesús”. Exposición fotográfica itinerante que se inaugurará en Ferrol o 4 de xaneiro e despois percorrerá diferentes localidades da diocese.
“40 anos cantando con Xesús”. Festival de música que se fará o 23 de febreiro en Mondoñedo.
“40 anos celebrando con Xesús”. Romaría popular que terá lugar o 25 de maio en Vilalba.

Ademais destes eventos especiais, o CCD organiza coma todos os veráns o campamento diocesano nas instalacións do Seminario Conciliar Santa Catalina de Mondoñedo. Nesta ocasión, as datas van do 19 ao 28 de xullo. Poden participar rapaces e rapazas que naceran entre os anos 2001 e 2011. O prazo para facer a preinscrición comezará, previsiblemente, no segundo trimestre do vindeiro ano 2019.

Exit mobile version