Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebración do Día da Curtametraxe en Viveiro

Viveiro, 17 de decembro de 2018. O Concello de Viveiro únese o vindeiro 21 de decembro á celebración da VI edición de “El día más corto” para celebrar a festa da curtametraxe española. Este evento cultural ten carácter gratuíto e está aberto a toda a cidadanía, institucións… que desexen crear a súa proxección pública ou privada tendo como obxectivo difundir as curtas do cinema español, cunha ampla oferta de temáticas a elexir: amor, animación, ciencia ficción, comedia, infantil, xuvenil, curtas en galego,medio ambiente, muller, musical…

Dende as Concellerías de Educación e Xuventude do Concello de Viveiro optouse, nesta primeira ocasión na que nos unimos a este evento, no que xa están inscritas 300 mostras en 32 países, por achegalo aos centros de ensino secundario.

Coa colaboración do IES Vilar Ponte realízaranse dúas proxeccións para o alumnado de 1º e 2º de ESO de catro curtametraxes cada unha. A selección elexida para este grupo de rapaces e rapazas de 12 e 13 anos pretende abordar temas cos que se podan sentir identificados como: a suplantación de identidade nas redes sociais, os conflictos familiares ou a realidade dunha moza nun centro de acollida.

Dende o Concello animamos a todas aquelas persoas interesadas en crear a súa mostra a que consulten as condicións na páxina web: http://eldiamascorto.com/ para desfrutar dunha xornada de cine na súa asociación, barrio, bar, domicilio particular…

Exit mobile version