Site icon Crónica3.com A Mariña

CIG-Ensino gaña de novo as Eleccións Sindicais no ensino público na Mariña

Nas eleccións sindicais celebradas en todos os centros públicos do Ensino a CIG revalidou a maioría obtida hai 4 anos, incrementando incluso a porcentaxe de voto.
Dun total de 722 votantes a CIG-Ensino obtivo 319 votos, que representan o 44.43%, máis do dobro do sindicato que quedou en segundo lugar. CIG-Ensino agradece ao profesorado o apoio que os obriga a redobrar o esforzo na defensa do ensino público e na mellora das condicións de traballo e da calidade do ensino.

Exit mobile version