Site icon Crónica3.com A Mariña

Como cada venres os pensionistas de Barreiros concentráronse por unhas pensións dignas

Barreiros 23-12-18. Deron lectura a este texto:
Estamos case despedindo o ano, despois de 10 meses de concentracións semanais. Estamos na víspera do sorteo da lotería, e o Estado, xa antes de xogarse sabe canto vai gañar, pero pola contra nosoutros non sabemos canto imos cobrar de pensión o ano que vén.
Como decíamos a semana pasada, os orzamentos do Estado están sen aprobarse, e aí a situación das persoas pensionistas tén que ser un dos puntos candentes, porque a problemática das pensións non se pode reducir a unhas limitadas axudas para aliviar puntualmente uns problemas e o goberno sair do paso momentáneamente, cando o problema aquí en Galiza nunha altísima porcentaxe é a precariedade das pensións, e especialmente a precariedade que representan as retribucións das mulleres, que moitas delas, sobre todo no réxime agrario accederon en desigualdade de condicións ao sistema da seguridade social, e ainda agora non se lles recoñece o seu traballo de anos e a súa aportación á xeración de riqueza.
O problema sigue estando nos ataques que está recibindo o actual Sistema de Pensións Públicas, que de forma interesada trata de impedir que se garanticen pensións actuais e futuras dignas. Non é entendible que os gobernos estean promocionando plans de pensións privados que van en detrimento da Seguridade Social e favorecerán e incentivarán as rentas altas en perxuizo das mais baixas, ampliando a brecha e a desigualdade social, cebándose mais ainda esa desigualdade nas mulleres.

Diante da inacción e posicións timoratas do goberno do Estado e do silencio cómplice do goberno da Xunta, nós seguimos adiante coa nosa táboa reivindicativa para defendela donde faga falta.

– Derrogación das reformas laborais

– Aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos como consecuencia das reformas anteriores

– Supresión do factor de sustentabilidade. (a súa aplicación está aprazada ata 2023, mais é necesaria a súa desaparición)

– Pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional

– Recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos, e voluntaria a partir de ter cotizados 35 anos, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións.

– Confirmación da actualización anual das pensións en base ao IPC

– Blindaxe do sistema público de pensións

– Pensións dignas e con poder adquisitivo

Colectivo de Xubilad@s e Pensionistas de Barreiros

Exit mobile version