Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia Cervo solicita do goberno central que faga unha actuación na cetárea

Burela 8-12-18. CxG a través da colaboración de Jordi Xuclá de PDeCAT, CxG Cervo levará ó Congreso dos Deputados unha iniciativa para aproveitar a cetárea de mariscos para facer unha actuación de calidade no eido do turismo.

A actuación que propoñemos é facer a inversión necesaria dende o Estado, coa colaboración da Xunta e do Concello, para transformar este espazo en,

Nun Talaso ó aire libre e gratuíto ó estilo da actuación que se fixo en Baiona, pero con moita máis capacidade e repercusión.
Recuperar unha pasarela ornamental no lugar que estaba a anterior, e que moitos veciños botan de menos.

Sería unha forma de desfrutar este espazo tan identificado con San Ciprián e tamén xerar do orde de 4 postos de traballo. Tamén esta actuación sería boa para desestacionalizar o período de visitas e recuperar a tradición tan de San Ciprián de tomar baños.

A falta de visión do PSOE de Cervo e a súa nula actividade non benefician en inversións do goberno socialista de Madrid no noso Concello.

CxG Cervo, coa súa capacidade vai poñer o nome de Cervo no debate da política de inversións do Estado.

Tamén e por demanda de moitos veciños imos pedir que na zona de acceso á Caosa, no canto de varanda se recupere o muro de pedra, que rachou o temporal, xa que facía de contención do mar e da area, que agora pola deixadez do Señor Villares chega ás casas dos veciños.

Exit mobile version