Site icon Crónica3.com A Mariña

DON JORGITO ,”El inglés”, E OS FEROS LOCALISMOS

Non é a primeira vez que nos referimos a George Borrow, coñecido por “don Jorgito, El Inglés”; escritor, políglota e aventueiro, que vendía biblias protestantes polos camiños do mundo; foi un personaxe peculiar. Autor de “La Biblia en España”, acadou grande sona. Nela relata as vivencias viaxeiras pola España de 1837. Durante a súa estancia contactou moito cos xitanos, ao punto de deixar unha das súas obras traducidas ao “caló”, a súa linguaxe.
Borrow entrou en Galicia nese verán polos montes do Bierzo; cruzou o Cebreiro e percorreona polo norte que deixou en Ribadeo, rumbo a Asturias.O andarín coñeceo unha Galicia atrasada e incomunicada, de millón e medio de habitantes, na que teimou en levar a Biblia ata os fíns da terra. Don Jorgito atopou a Lugo pequeno, cuns seis mil habitantes. A súa estadía durou unha semana e logo colleo rumbo á Coruña, nunha dilixencia con escolta de soldados: foi a Betanzos, Compostela, Padrón, Pontevedra, Ferrol… a Viveiro, Foz – onde pernoutou – e Ribadeo. Descrebe as costumes, o temperamento e a cultura; a política e relixión das xentes e os moitos prexuizos que tiñan. Gabou a paisaxe e chegou a decir que, aínda sendo moita a miseria,non era culpa da terra senon dos homes. A familia focega que o hospedou falaba o castelán pois, según lle dixeron, “non se falaba moito o galego por esta parte”.
Conta nun artigo María Victoria Armesto que na ápoca de don Jorgito, un tal señor García, notario en Pontevedra, estaba convencido de que ésta era a mellor cidade de España. Borrow coñecíao e foi ó seu despacho a venderlle unha Biblia. O notario díxolle: “Estes tipos de Vigo andan decindo que a súa cidade é mellor que a nosa,e que Vigo debería ser a capital da provincia; ¿pasaríalle a vostede polo maxín comparar a Vigo con Pontevedra?”. “Eu non podo contestar, porque non coñezo Vigo –respostou don Jorgito –; pero oín decir que a súa bahía é a mellor do mundo…”. “De acordo, meu señor,asentíu o Sr. García; pero ¿quere decirme para qué se necesita unha bahía?”…Comentou don Jorgito que endexamais coñecera un país de tan feros localismos…
Se o trotamundos voltara pola bisbarra – o que non sucederá- ¿qué pensaría de nós ó constatar que nos preto de 200 anos que separarían ambas estadías, en boa medida moitas mentes manteñan idénticas estructuras…?

Exit mobile version