Site icon Crónica3.com A Mariña

FInalización do servizo Proxecto de vida e saúde mental

A Mariña 30-11-18. Dende o mes de setembro e ata o dia de hoxe, estívose levando a cabo un servizo de apoio a inclusión sociolaboral a través da actuación “ Proxecto de vida e saúde mental”.
O obxectivo xeral perseguido foi mellorar a situación socio-laboral das persoas con enfermidade mental. Para elo desenvolvéronse distintas prestacións que van dende diagnose, o deseño,seguemento e avaliacion do proxecto de inclusión social/laboral, acompañamento social, accións de adqusición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais e accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral ( onde destacou o obradoiro de iniciación á cerámica).
Este servizo estivo subvencionado polo Fondo Social Europeo no programa operativo de Galicia 2014-2020, con encaixe no Obxectivo Temático 9, Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación Prioridade de Investimento 9.1, “A inclusión activa, tamén con vistas a promover a igualdade de oportunidades, así como a participación activa e a mellora da posibilidade de encontrar un emprego” Obxectivo Específico 9.1.1 “Mellorar a inserción socio-laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través da activación e de itinerarios integrados e personalizados de inserción”
Este servizo contribuiu significativamente á inclusión das persoas con enfermidade mental, dotándoas de novos coñecementos e apoios que facilitan a súa integración social e o avance na súa integración laboral, desterrando prexuízos fortemente arraigados na sociedade que nos rodea.

Exit mobile version