Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz, plataforma de Futuro insta ó Ministerio de Fomento a axilizar os trámites e a obra do trazado da autovía da Mariña (A-74) dende Barreiros a San Cibrao

Foz 13-12-18. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
No mes de Xuño do ano 2016 o noso Grupo Municipal presentaba unha moción para instar ó Ministerio de Fomento para que o noso casco urbano non quedara cun so aceso como naquel proxecto estaba plasmado,(antiga fábrica de Jeremías, rotonda de Fazouro), ademais este segundo aceso que pedíamos dende FPF podería perfectamente tamén servir de unión coas parroquias do interior do noso Concello como son: Vilaronte, San Martiño, Sta Cecilia e San Acisclo. Isto ademais tamén o pediron os Alcaldes dos Concellos do Valadouro e Alfoz.
Así como tamén pediamos que se fixeran as xestións oportunas para intentar alonxar o máximo posible o trazado do corredor, agora A-74, da Basílica de San Martiño polo impacto que isto suporía para un monumento tan antigo e importante do noso Concello.
Hoxe esta moción a completamos, despois de haber o cambio de goberno que houbo no Goberno da Nación, pedindo que se traslade ó Ministerio de Fomento a solicitude por parte do Concello de Foz de estas demandas anteriores e mais que se axilicen os trámites para comezar canto antes a obra da Autovía da Mariña (A-74)entre Barreiros e san Cibrao, obra que para este ano tiña unha dotación 3,6 millóns de €, como axuntamos no gráfico, a todas luces insuficiente para avanzar nunhas vías de comunicación esquecidas durante tantos anos como son as que atravesan a Mariña lucense. Para non quedar no esquecemento e non ser veciños de terceira categoría.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
Instar ó Ministerio de Fomento a que contemple no proxecto da Autovía do Cantábrico un segundo aceso ó casco urbano de Foz, así mesmo, este novo aceso podería servir tamén como enlace coas parroquias do interior de Foz como son: Vilaronte, San Martiño, Sta Cecilia e San Acisclo.
Instar ó Ministerio de Fomento a que se alonxe o máximo posible o trazado da Basílica de San Martiño, polo importante impacto que este produciría sobre un monumento tan antigo, emblemático e importante do noso Concello.
Instar ó ministerio de Fomento axilice os trámites e o comezo da obra da Autovía do Cantábrico entre Barreiros e san Cibrao.

Exit mobile version