Site icon Crónica3.com A Mariña

Gala benéfica organizada por O Centiño

O pasado domingo, día 16 de decembro, o grupo teatral O Centiño de San Martiño organizou, como vén sendo costume durante os últimos anos por estas datas do Nadal, unha gala benéfica co fin de recadar fondos para Cáritas. Xuntaron no seu local de Ferreiravella preto de 70 espectadores, dos que recadaron algo máis de 300 euros. o acto consistiu na representación da obra de teatro “A consulta” do grupo A Adala de Fazouro e un monóloco a cargo de Susana Álvarez.

Exit mobile version