Site icon Crónica3.com A Mariña

Lourenzá terá pista de xeo a partir do 1 de Xaneiro

O Anexo Sta.Cruz estase preparando para unha xigante pista de xeo. A partir do vindeiro martes 1 de xaneiro e ata o domingo 6, todo aquel que o desexe poderá achegarse ata Lourenzá para gozar dunha pista de xeo xigante. A directiva das escolas Lourenzá decidiu instalar unha nova estructura que fará as delicias de nenos e adultos. Os horarios de uso da instalación serán sempre de tarde, a partir das 15,00 horas; posto que pola noite e pola mañá realizaranse labores de rexeneración e mantemento do xeo.

Exit mobile version