Site icon Crónica3.com A Mariña

Militantes de toda a provincia participarán este venres na Cea de Irmandade Socialista

Lugo, 13 de decembro de 2018.- Militantes e simpatizantes de toda a provincia participarán este venres na Cea de Irmandade Socialista, con motivo das festas de Nadal, que terá lugar na capital lucense. Esta xuntanza, organizada pola dirección provincial está enmarcada dentro da súa aposta por fomentar e impulsar a participación e implicación de todos os compañeiros para facer un Partido Socialista máis forte, a través dun proxecto serio, solvente e progresista.

Durante o encontro, intervirán o Secretario Xeral Provincial, Álvaro Santos; a Alcaldesa de Lugo e Presidenta do partido, Lara Méndez; o Presidente da Deputación, Darío Campos; o Secretario de Coordinación Territorial da Executiva Federal, Santos Cerdán; e o Secretario Xeral Galego, Gonzalo Caballero. Ente os asistentes a cea tamén estarán o Eurodeputado, José Blanco, a Deputada no Congreso de España e Membro da Executiva Federal, Pilar Cancela, o Voceiro do PSOE en Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, así como o resto de compañeiros con cargos públicos na provincia de Lugo.

Exit mobile version