Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do grupo municipal de “Foz, Plataforma de Futuro” para instar ó equipo de goberno a facer as xestións necesarias para reparar a pasarela peonil da ponte sobre o río Ouro na estrada N-642 en Fazouro

Foz 12-12-18. O Grupo Municipal de “Foz, Plataforma de Futuro”, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández, a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi ,presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Nos últimos días puxéronse en contacto con nós numerosos veciños da parroquia de Fazouro, o motivo, o estado no que se atopa a pasarela peonil da ponte sobre o río Ouro na estrada N-642 ó seu paso pola parroquia de Fazouro. O chan desta pasarela é de madeira, e esta nalgún tramo atópase totalmente podre e inclusive falta chan nalgún dos sitios, o que fai que este paso de peóns sexa moi perigoso para a integridade física das persoas que a utilizan. (Axuntamos fotos)

Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación dos seguintes acordos:

-Instamos ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a facer as xestións necesarias para reparar a pasarela peonil da ponte sobre o río Ouro, na estrada N- 642 en Fazouro.

Exit mobile version