Site icon Crónica3.com A Mariña

Nenos e nenas do CEIP de San Miguel e do CEIP de San Cosme visitaron esta semana a Aula CeMIT de Barreiros para falar con Papá Noel a través de vídeoconferencia

Trátase dunha cita xa tradicional por estas datas entre os máis pequenos e pequenas do concello, que lle contaron a Papá Noel o ben que se portan, todo o que axudan nas tarefas da casa e tamén os agasallos que lles gustaría recibir dentro duns días. Comezou así a conta atrás para unha das xornadas máis ilusionantes do ano.

Exit mobile version