Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, visitaron o Centro de Día Residencia do Concello.

Compartiron unha tarde coas persoas usuarias, desenxándolles Bo Nadal. Na visita tamén lles entregaron o tradicional calendario que edita cada ano o Concello por estas datas, que inclúe imaxes históricas do municipio na que os protagonistas son veciños e veciñas de Cervo. Imprimíronse 2200 exemplares que xa están a chegar a cada un dos domicilios cervenses. O Centro de Día Residencia, que abriu as súas portas o pasado verán, está xa ao 80% de ocupación, e xa hai novas solicitudes pendentes de tràmite.

Exit mobile version