Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro apoia a recollida de sinaturas de Landrove

Viveiro 7-12-18. O Bng de Viveiro amosa o seu apoio aos promotores da iniciativa de recollida de sinaturas para reclamar medidas de seguridade vial na LU-540 á altura das zonas do Cristo e a Ponte de Landrove e anima á veciñanza de Viveiro a sumarse a esta iniciativa reivindicativa que ten por obxecto poñerlle freo á inseguridade viaria que sufren diariamente os peóns e condutores/as que circulan por estas zonas que carecen, entre outras, de medidas de calmado de tráfico, medidas que faciliten a incorporación dos vehículos á estrada e a súa saída, beirarrúas e alumeado deficiente. Uns dos tramos extremadamente perigosos que existe no termo municipal de Viveiro que tanto a Xunta, titular da estrada, como o goberno municipal parecen ter olvidados e sen mostras de querer aportar solución algunha que permita rebaixar o grao de perigosidade destas zonas.
@s nacionalistas instan ao goberno de María Loureiro a poñer en marcha un Plan urxente de Supresión dos puntos negros existentes nos diferentes tramos das vías que atravesan o municipio, que ben por mor da súa alta densidade de tráfico, de ausencia de beirarrúas, de mala ou falta de semaforización e de pasos de peóns, mala iluminación e sinalización, ou ben polo deterioro do seu asfaltado, curvas imposibles e ausencia de arcéns, entre outros, poñen en perigo a integridade física da veciñanza de Viveiro e d@s usuari@s das mesmas, tales como ocorre en zonas de Magazos, Xunqueira e ou Celeiro e mesmo a estrada LU-161 que atravesa as parroquias de San Andrés, Chavín, San Pedro e Landrove que está nun estado lamentable e que xa denunciaron este verán os representantes do Bng no Parlamento Galego demandando melloras urxentes de acondicionamento deste vial, ou a estrada de San Lázaro, onde a veciñanza deste barrio e mesmo o Bng de Viveiro veñen de demandarlle ao concello hai varias semanas a adopción de medidas de seguridade para @s condutores e viandantes.
Por último, o Bng recórdalle á alcaldesa que a travesía de Covas segue sendo un dos principais puntos negros do concello, onde os sustos para a poboación e os accidentes son unha constante neste tramo e onde a veciñanza segue vivindo unha preocupante inseguridade viaria, posto que a pesares das promesas feitas hai meses polo goberno municipal e o goberno do PP da Xunta a día de hoxe ningunha das dúas administracións tomou medidas para revertir esta situación de perigosidade, logo de ser demandadas e reclamadas pola asociación de veciños de Covas e de terlle presentado o Bng de Viveiro varias propostas que contribuirían a reducir o grao de siniestralidade nesta travesía.

Exit mobile version