Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG solicita mais inversións da Xunta para A Mariña

A Mariña, 3 de decembro 2018. A deputada Olalla Rodil e a responsable comarcal Ana Ermida presentaron xunto con concelleir@s e militantes do BNG as emendas ao proxecto de orzamentos da Xunta para 2019. Para a formación nacionalista, estes orzamentos que presenta o Partido Popular reflicten a insuficiencia do sistema de financiamento para Galiza, que achega ao vía impostos, 11.131M€ mentras este retorna pouco mais de 7.000M€, tal como explicou Olalla Rodil, que tamén afirmou que “a esto hai que sumar o reparto inxusto do pagamento do déficit, que segue a descansar maioritariamente nas comunidades autónomas e nos concellos, o que resulta lesivo para Galiza, supoñendo menos recursos tamén para os concellos”

O Partido Popular non fai caso das necesidades da Mariña. O BNG considera que para o exercicio 2019 serían necesarios 26 millóns de euros mais para a comarca.
Ana Ermida fixo fincapé no esquecemento que esta comarca sufre un ano mais nos orzamentos da Xunta, afirmando que “a Xunta e o Partido Popular ignoran a nosa realidade e ano tras ano fan caso omiso das principais necesidades básicas da Mariña”
Nas súas emendas, que recollen demandas de concellos e de colectivos, o BNG demanda a mellora da asistencia sanitaria primaria, pedindo mais recursos materiais e humanos, pois nos últimos anos prodúcense perdas de prazas médicas, infradotación de fisioterapeutas na comarca, e deterioro do servizo de pediatría, con prazas saturadas que acumulan meses de retrasos nas consultas.
No relativo a infraestruturas demandan saneamento e abastecemento de auga en núcleos e parroquias de Ribadeo e Barreiros, no interior e na costa, nova EDAR en Burela, dragado do encoro de Rúa en Cervo, arranxo do colexio Virxe do Carme en Burela, e tamén aportación da Xunta para a construcción dun novo pavillón de deportes en Burela, pavillón que terían que cofinanciar tamén Deputación e Concello.
No referido a Medio Ambiente piden a rexeneración do Río Masma, un recurso natural importantísimo para os concellos de Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros e Foz.
E tamén piden consignación orzamentaria suficiente para rematar a VAP San Cibrao-Ferrol, a eterna débeda histórica da Xunta con esta comarca, con Viveiro, O Vicedo e o Ortegal

Exit mobile version