Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros organiza unha Festa de Nadal que se celebrará o 22 de decembro

Os destinatarios son os máis pequenos e as máis pequenas da casa. O evento terá lugar no pavillón municipal de San Cosme de 16:00 a 19:00 horas. Haberá inchables, obradoiros e animación musical. Os nenos e nenas que participen nesta festa recibirán a visita de Papá Noel. E rematarán a xornada disfrutando dun chocolate con churros.
O Concello convida a tod@s, especialmente aos máis pequenos da casa, a participar nesta Festa de Nadal do 22 de decembro.

Exit mobile version