Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo acollerá o 22 de decembro o XI Campionato de Nadal de Nihon Taijitsu

Cervo, 10 de decembro de 2018.- O Concello de Cervo acollerá o sábado 22 de decembro o XI Campionato de Nadal de Nihon Taijitsu nas modalidades de Kata Individual e Goshin Shobu (defensa persoal).
O evento foi presentado polo rexedor cervense, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, o presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo, e por Agustín Martín, 8º Dan e director técnico da Federación Nacional deste departamento.
O escenario da competición, que comezará ás 17:00 horas, será o Pavillón da Veiga de San Cibrao,
Estímase que serán medio cento os participantes, entre nenos e adultos, os que competirán no tatami que vén de adquirir a delegación de deportes do Concello de Cervo instalado para a ocasión no Pavillón da Veiga; dos cales o 60 % serán representantes da Mariña.
Haberá medallas para todas as persoas participantes, e trofeos para os tres mellores de cada unha das 8 categorías.
Soto e Villares convidaron a veciños e visitantes a gozar desta exhibición de artes marciais, “toda unha oportunidade para coñecer máis de preto este deporte de orixe xaponesa que día tras día vai gañando adeptos na nosa zona”.

Exit mobile version