Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo colabora coa Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar no acondicionamento do seu local social

Cervo 17-12-18. Alfonso Villares, estivo con varios veciños do lugar, que lle amosaron o novo sistema de calefacción de leña e o mobiliario que se vén de adquirir con fondos municipais.
O rexedor destacou que “desde o Concello sempre estamos aí para tentar axudar a colectivos veciñais como o de Trasbar, que fan un importante traballo altruísta e enchen de dinamismo e actividade o lugar durante todo o ano para beneficio de todos e todas”
O local social estará pois perfectamente acondicionado para recibir a Papá Noel o 23 de decembro a partir das 16:30 horas, e para o brinde que organizan desde a asociación para despedir o ano, o 31 de decembro, entre as 19:00 e as 20:30 horas.

Exit mobile version