Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo inicia traballos preventivos de limpeza nos leitos dos ríos que discorren polo termo municipal

Cervo, 13 de decembro de 2018.- O Concello de Cervo, como medida preventiva e ante a chegada deses meses nos que, tradicionalmente, os episodios de chuvia e vento son máis frecuentes, iniciou uns traballos de supervisión dos leitos dos ríos que discorren polo termo municipal, “co obxectivo de detectar árbores, ramas caídas e maleza que poidan obstruír o tránsito da auga, para proceder á súa retirada, e minimizar así os riscos que se poidan presentar”, precisou o rexedor, Alfonso Villares.
Villares deu a coñecer no día de hoxe este protocolo que están a desenvolver os técnicos municipais e, acompañado pola edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, supervisou os traballos de retirada de masa forestal que se levaron a cabo no Río Xunco, ao seu paso por Sargadelos.
O procedemento repetirase no curso de todos os ríos e regos que flúen polo municipio.

Exit mobile version