Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Municipal Popular de Burela denuncia que “unha vez máis Llano incumpre o que di, neste caso, co alumeado de Nadal”

Burela, a 10 de decembro de 2018.- O Grupo Municipal Popular de Burela denunciou hoxe “unha vez máis, o cinismo e a ausencia de compromiso de Alfredo Llano con todo aquelo que el mesmo anuncia. Se temos exemplos coa ubicación do mercado, co plan de tráfico, coa peonización de tramos de certas rúas, etc., agora temos un máis en relación ao alumeado de Nadal”.
Os edís do PP aseguran que “durante a visita do presidente da Xunta á ampliación do Hospital da Mariña, Llano, que dixo estar moi contento coa ampliación do centro sanitario, aproveitou para anunciar, sen que ninguén lle preguntase polo asunto, que o día 8 de decembro acendería o alumeado de Nadal. Iso si, non concretou nin que tipo de alumeado nin en que rúas. Así podemos comprobar que o acendido do pasado venres, agás o que está sufragado por fondos de ACIA, é unha burla ao comercio burelés e á cidadanía; xa que se concentra nunha única rúa, Eijo Garay -el saberá os motivos e os intereses reais que o moven a tal medida-, e con luces deprimentes e miserentas que era mellor non poñelas e agardar a ter todo o alumeado listo”.
Outros concellos, máis previsores
Desde o Grupo Municipal Popular recoñecen que “o anterior goberno municipal non puido poñer en 2011 ningún tipo de alumeado de Nadal, xa que bastante tivo con pagar o de 2010, aínda que non tivo reparo en anuncialo e recoñecer que non se podía colocar. Pero o deste señor xa raia o insulto. Agora, e durante uns días, unha rúa será a “privilexiada” dun alumeado miserento e pobre e as demais serán as marxinadas nunha mostra máis da incapacidade na xestión e deixadez do Goberno local. E mentres tanto, outros concellos da contorna, máis previsores, xa teñen todo o seu alumeado funcionando dende hai uns días”.

Exit mobile version