Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo ribadense Remakers xuntou a unhas 300 persoas no concerto de presentación do seu novo disco, Sueños y otras pesadillas, que xa está a venda

Ribadeo, 29 de decembro de 2018. O grupo ribadense de rock Remakers xuntou a unhas 300 persoas onte, venres, na discoteca Rosa Lar, de Ribadeo, no concerto de presentación do seu segundo disco, titulado Sueños y otras pesadillas.
Nesta actuación, durante case dúas horas, Remakers interpretaron todos os temas do seu novo traballo discográfico, varios do primeiro e tamén algunhas versións. A continuación Xampol pinchou clásicos do rock recordando os bos tempos do Minibar.
Este segundo disco de Remakers acaba de saír á venda en varias plataformas dixitais e tamén pode mercarse en formato CD nos seguintes establecementos ribadenses: Casa das Letras, Amodiño tenda bar, O Recuncho, Vírgula, Cienfuegos bar, Pícaros Mundi e O Cortello.

Exit mobile version